IESAUDEMELIDE
  • Comezamos
  • PODEMOS
  • FACEMOS

aliméntate ben
MEMORIA GRÁFICA

 aLiMeNTaTe BeN (PlaN PRoXeCTa 2018-19)

Imagen

PRODUCCIÓNS CINEMÁTOGRÁFICAS

En pre-produción, cando abordamos o guión literario, investígamos e nos documentamos cos traballos que relacionan o currículo das diferentes materias coa saúde en xeral e coa alimentación en particular. Estamos a falar dun traballo de documentación e investigación, dunha fase de enriquecemento transversal entre diferentes materias (eNiNGLeS, eNBioLoXía, eNXeoGRFíaHiSToRia, eNMaTe, eNfRaNCéS, eNPoRTuGuéS, eNLGL…), onde a actividade finalista sexa, á súa vez, un reclamo para aprender no día a día parte do currículo das materias.
​Estamos a falar dunha fase de enriquecemento curricular por proxectos transversais baseados na mellora das competencias clave, baixo liderados compartidos co alumnado e utilizando metodoloxías colaborativas facilitadas por un uso creativo e interactivo das TICs.
Para o deseño das secuencias e escenas da película, fixéronse actividades relacionadas coa análise das dietas doutros países, actividades de información nutricional do etiquetado de alimentos, de como atender ós reclamos publicitarios, da necesidade de ir máis ós mercado “de toda a vida” (garante de produtos naturais e saudables),  de ser coherentes co noso organismo deseñado para moverse, e de como evitar as enfermidades relacionadas co sobrepeso e a obesidade..
.

2019

2018

2017

2016


REPRESENTACIÓNS TEATRAIS 

Imagen
Imagen

QUEDADAS (CÓDIGO QC):
GOZA COA QUÍMICA DO TEU CEREBRO)

MACROALMORZO
Concurso baseado nos estandartes de aprendizagem das  materias)

Como colofón ao traballo realizado nas diferentes matérias, o alumnado comparte almorzo no ximnasio.

Baixo un formato que convidaba á exposición dun discurso persoal elaborado por cada quen para a ocasión sobre as bondades dun almorzo saudable, o alumnado cargou de alimentos a súa mochila e participou ademáis nun concurso no que se xogaban, ni más ni menos, que o bocadillo do recreo (peituga de polo á plancha con leituga e tomate).
​Por grupos de clase resolveron varias probas:
1ª proba: Retrato dun almorzo saudable. Fotografar os ingredientes do almorzo saudable dun alumno/a do grupo-clase para defendelo cun breve discurso (Bioloxía e xeoloxía, Educación física l lengua galesa e literatura).
2ª proba: Improvisación teatral (5´ de preparación): idear e dramatizar unha situación (duración máxima de 1´) que explique os principais beneficios dun almorzo saudable (Lingua Castelá e Literatura).
3ª proba: A cegas (ollos tapados con pano) e medianteproba de diferentes frotis decir en inglés o cualificativo do sabor (Inglés).
4ª proba: Segundo o modelo de almorzo entregado, e con atención ao estudado, facer os cálculos matemáticos precisos para concluír se é ou non un almorzo saudable (Matemáticas).
5ª proba: Segundo o plano entregado, en que países do mundo o almorzó contén unha maior proporción de frotas? (XeHi).
6ª proba: Segundo o comentado na clase (semaforo nutricional) escolle os alimentos que respondan a estas características nutricionales (Portugués).
7ª proba: Tratamos, entre todos, de de completar o rosco (Francés).
CIRCUITO IESaúdeMelide
Imagen

Escola de nais e pais do IES de Melide

Imagen
Imagen
Imagen

Celebración do Samaín

Imagen

“O ESPELLO SAUDABLE: O TEU PRATO, PARECESE A ESTE?" 
Destacamos tamén o deseño e realización dunha enquisa sinxela e didáctica (tipo rúbrica), deseñada para  aprender sobre alimentación mentres se está está respondendo. 
Evitamos falar da pirámide da alimentación e utilizamos a imaxe do prato da Escola de saúdepúblicade Harvard como imaxe sinxela para aclarar como debe ser a inxesta dos diferentes grupos de alimentos ó longo do día e subliñamos que o verdadeiramente importante é tomar alimentos saudables.
O estudo realizado polo alumnado conclúe que a maioría cando se mira ó espello observa que o seu prato obtén unha cualificación próxima ós 3 puntos sobre 5, é dicir un aprobado raspado... Queda moito por mellorar! Sabemos, entre outras cousas, que: 
*O sábado e o día que máis se descoida a dieta.
* Hai que utilizar máis o lapis de cor verde neste tipo de enquisas.
*Como “chefs” temos poucos dotes culinarios para saborear os legumes, fonte fantástica de proteínas. 
*Hai que apostar máis polos produtos integrais.

Imagen
Imagen

Imagen

Desde diferentes organismos internacionais, nacionais e autonómicos como o plan XERMOLA da Consellería de Sanidade, dinnos que os datos son alarmantes, compañeiros e compañeiras!: máis do 40% da poboación galega ten problemas de sobrepeso, e 1 de cada 4 son obesos.
Parece que tamén os superheroes están a descoidar a súa alimentación! Fixemos un estudo do etiquetado de certos alimentos, e os que nos presentan estes superheroes saen moi mal parados.

Imagen
Imagen
Imagen







​promoción de estilos de vida saudables

  • Comezamos
  • PODEMOS
  • FACEMOS