IESAUDEMELIDE
  • Comezamos
  • PODEMOS
  • FACEMOS

APÚNTATE A NON BEBER
memoria gráfica
PLAN PROXECTA 2018/19

Nos centros de ensino debemos ser especialmente sensibles aos temas relacionados coa educación para a saúde. Segundo a normativa, o Proxecto Educativo dun Centro ten que contar cun Plan para a Promoción de Estilos de Vida Saudables.
Por  iso aproveitamos a  oportunidade que nos brinda "Apuntate a non beber" para formar ao alumnado nas súas capacidades para adoptar un comportamento adaptativo e positivo que lle permita  educarse na necesidade do coidado do seu corpo, para un bo mantemento das funcións vitais dos seus órganos, pero tamén  do coidado das súas emocións, coa finalidade engadida de conciencialos, -con actividades de educación en valores-, da necesidade de afastarse do consumo de bebidas alcohólicas e outras  sustancias tóxicas para a súa saúde.
En definitiva, aproveitamos  para promocionar  os estilos de vida saudables cun traballo integrado,  buscando a calidade de vida do noso alumnado, as súas familias e, por extensión, de toda a comunidade escolar.
E Sabemos que a calidade de vida dunha persoa ven marcada en grande medida pola súa intelixencia emocional.
Imagen

Mensaxe do alumnado participante

  1. ​Gústanme os compañeiros e compañeiras de clase que entenden que a saúde é un recurso para a vida, non un obxectivo en si mesmo, onde o coidado da contorna e da sociedade na que vivimos ocupa un papel relevante. ​
  2. Gústanme os compañeiros e compañeiras de clase que se implican nas actividades de educación emocional e social e que reflexiona sobre a maneira xeral de vivir das persoas e grupos sociais,  poñendo en valor o non fumar, non beber alcol, comer san e facer actividade física.​
  3. Gústanme os compañeiros e compañeiras de clase que se moven, que queren saber, saber facer e saber ser e estar; e demóstrano con iniciativa e creatividade transformando os seus soños en realidades.
  4. Gústanme os compañeiros e compañeiras de clase que actúan con intelixencia emocional e que cunha gran autoestima e personalidade defende o seu estilo de vida saudable.
  5. Gústanme os compañeiros e compañeiras de clase que participan en “Apúntate a non beber" para seguir avanzando no seu proxecto de vida saudable.
  6. Gústame que o resto da comunidade educativa non se deteña e que teña o mesmo gusto que os meus compañeiros e compañeiras de clase. 
Imagen
Imagen
Parece que tamén os superheroes están a descoidar a súa alimentación! Fixemos un estudo do etiquetado de certos alimentos, entre os que se encontraban as bebidas azucaradas e o alcol,  os que nos presentan este superhéroe saen moi mal parados.

investigación dobre as diferentes actividades deportivas que podemos facer en zonas próximas ó lugar no que vivo. 

Imagen
Xa sabedes rapaces e rapazas, actuade con intelixencia:
  • Todos o fan, é “normal”:  en realidade, nin todas as persoas beben alcol, consomen tabaco e/ou drogas. Cada un é libre de tomar as súas propias decisións e saír festa ou divertirse non debería depender de tomar sustancias tóxicas. Que sexa para moitas algunhas persoas algo habitual non significa que sexa necesario nin bo. Resgardarse no “todos o fan” non demostra madurez nin personalidade.
  • Se quero fágoo, non lle importa a ninguén: o consumo de sustancias tóxicas dana o organismo (e o cerebro), iso debería importarche a ti e a cada persoa que o faga. Soa ridículo pensar que podería darche igual ter problemas de memoria ou algunha enfermidade grave ... Ademais, a xente que che rodea pode sufrir as consecuencias do teu consumo e mesmo poden chegar a rexeitarche.
  • A min non me afecta: está comprobado que o consumo de sustancias tóxicas ten consecuencias na nosa saúde física, mental e social. 
Imagen
ESPELLO SAUDABLE
A Través do diseño e realización ducha enquisa sencilla e didáctica (tipo rúbrica), tratamos de que toda la comunidad educativa reflexione sobre su estilo de vida: veo, veo, ¿una persona físicamente saludable?, tu plato del día, ¿se parece a este?, bebo agua, ¿evito la ingesta de alcol y otras sustancias tóxicas?, mejor en pandilla ¿de noche o de día? ... Dando respuestas a estas y otras preguntas (cuyas respuestas se relacionan con una puntuación), reflexionamos sobre la “imagen saludable” que tenemos de nosotros mismos.

CLUB "CÓDIGO QC": ​goza coa química do teu cerebro
QUEDADAS
Imagen
Imagen
Imagen

Imagen







​promoción de estilos de vida saudables

  • Comezamos
  • PODEMOS
  • FACEMOS