IESAUDEMELIDE
  • Comezamos
  • PODEMOS
  • FACEMOS

clases sen fume
memoria gráfica
plan proxecta 2018/19

Imagen
Gústanme os compañeiros e compañeiras de clase que entenden que a saúde é un recurso para a vida, non un obxectivo en si mesmo, onde o coidado da contorna e da sociedade na que vivimos ocupa un papel relevante.  
Gústanme os compañeiros e compañeiras de clase que se implican nas actividades de educación emocional e social e que reflexiona sobre a maneira xeral de vivir das persoas e grupos sociais,  poñendo en valor o non fumar, non beber alcol, comer san e facer actividade física. 
Gústanme os compañeiros e compañeiras de clase que se moven, que queren saber, saber facer e saber ser e estar; e demóstrano con iniciativa e creatividade transformando os seus soños en realidades. 
Gústanme os compañeiros e compañeiras de clase que actúan con intelixencia emocional e que cunha gran autoestima e personalidade defende o seu estilo de vida saudable.
Gústanme os compañeiros e compañeiras de clase que participan en “Clases sen Fume” para seguir avanzando no seu proxecto de vida saudable.
Gústame que o resto da comunidade educativa non se deteña e que teña o mesmo gusto que os meus compañeiros e compañeiras de clase. ​
Imagen

2019 (Plan Proxecta)
​1º PREMIO PARA O ALUMNADO DO IES DE MELIDE EN CLASES SEN FUME

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e a conselleira de Educación Carmen Pomar Tojo, presidiron hoxe o acto de entrega de premios do concurso educativo para a prevención do tabaquismo “Clases sen Fume”, que organiza a Consellería de Sanidade, a través da súa Dirección Xeral de Saúde Pública, en colaboración coa Consellería de Educación, Universidade e Ordenación Universitaria. Nesta edición 2018-2019 participaron un total de 2.028 escolares de 92 aulas procedentes de centros de toda Galicia. O principal obxectivo deste concurso educativo é evitar o inicio do consumo de tabaco nas mozas e mozos galegos. 
O bo facer do alumnado do alumnado de 1º ESO C do IES de Melide foi recompensado co 1º premio do concurso pola súa actividade creativa titulada “Que non che vendan a caixa”. 
O premio consiste nun campamento de 5 días no Complexo xuvenil de Gandario para todo o alumnado da aula.
Imagen
Imagen
CLUB "CÓDIGO QC":​goza coa química do teu cerebro
QUEDADAS
Imagen
Imagen
Imagen

Imagen







​promoción de estilos de vida saudables

  • Comezamos
  • PODEMOS
  • FACEMOS