IESAUDEMELIDE
  • Comezamos
  • PODEMOS
  • FACEMOS
Actividades a realizar co alumnado e co resto da comunidade escolar
      Accións dirixidas a mellorar a convivencia escolar na que se acentúe o traballo sobre o coñecemento dun mesmo, a empatía, a comunicación efectiva ou asertiva, as relacións interpersoais, a toma de decisións, a solución a problemas e conflitos, o pensamento creativo, o pensamento crítico, a autoestima, o manexo de emocións e sentimentos…
     Iniciativas encamiñadas ao coidado do centro e da súa contorna contorna (ventilación, luz, cor das paredes, mobiliario…), prestando especial interese ás medidas de seguridade e hixiene. Importancia do coñecemento por parte da comunidade educativa do “Plan de Evacuación e Emerxencias”.
     Realización de estudos sobre hábitos saudables da comunidade educativa. Enquisas sinxelas e formativas sobre os hábitos de vida (hixiene, actitude postural, comidas principais e a inxesta entre comidas, toma de substancias tóxicas...) e análise do índice de sobrepeso e dos niveis de condición física do alumnado e doutros membros da comunidade escolar. Diferenzas entre a poboación do núcleo urbano de Melide e a do rural.
     Información e recomendacións á comunidade escolar e ás familias sobre os hábitos saudables a través de exposicións, conferencias, guías das actividades físico-deportivas que se están a desenvolver nas zonas próximas á residencia do alumnado, estudo do etiquetado dos produtos de maior consumo entre os escolares (listado de ingredientes e os seus efectos para a saúde), obradoiros de cociña saudable e de bebidas non alcohólicas, campaña de almorzos saudables, prevención á súa vez de problemas de saúde, moi próximos a eles, como son os trastornos da conduta alimentaria…
     Estratexias desde a cafetería do centro para reducir o consumo de alimentos e bebidas de alto contido en graxas, graxa saturada, incluso “trans”, sal, azucre e de pobre valor nutricional.
​      Obradoiros de “Pantallas Amigas” para  unha promoción do uso seguro e saudable das novas tecnoloxías. Seguro, evitando riscos e reducindo consecuencias. Saudable, buscando o pleno benestar físico, mental e social, individual e colectivo.
     Accións encamiñadas  á educación afectivo-sexual con especial énfase en non adiantar etapas e ter experiencias acordes á idade.
     Procedementos de sensibilización e actuación temperá ante accidentados.
     Estratexias para converter unha actividade complementaria e/ou extraescolar nun pracer saudable poñendo en práctica hábitos recomendables.
     Xornadas de convivencia deportiva con criterios de participación regulamentados por riba da propia competitividade e coa implicación directa do alumnado na súa planificación e desenvolvemento (inclúe saídas do centro).
     Creación dun espazo sobre hábitos saudables onde o alumnado achega escritos sobre os diferentes aspectos do tema, que a continuación son  pegados no taboleiro da entrada do IES.
     Coñecemento dos alimentos que mercamos. Análise de dietas e desprazamento ao supermercado co fin de facer un estudo nutricional dos diferentes grupos de alimentos e reflexionar sobre publicidade que trata de aumentar o consumo de certos produtos.
     Recreos activos: dotación de recursos humanos e materiais para a práctica de actividades físico-deportivas nos recreos, aproveitando as circunstancias para traballar as habilidades sociais (cooperación, resolución de conflitos…). Practicar o diálogo e a empatía en caso de conflito persoal ou grupal (aprendendo a recoñecer con naturalidade as emocións que nos dominan nun momento dado, desculpándonos inmediatamente despois de cometer un erro…). Programa de "quedadas"...
     Dotación, na biblioteca, dos materiais axeitados para propoñer programas conxuntos que sirvan de apoio na educación para a saúde (concursos de investigación semanais, xogos de pistas, a mochila viaxeira…).
     Actividades de concienciación cara á poboación escolar sobre os prexuízos que ten para a súa saúde o ser fumador activo ou pasivo.
     Actividades de lectura de noticias relacionadas coa saúde na prensa do día e realización dunha actividade creativa baseada na confección dun periódico…
     Difusión e promoción de hábitos saudables mediante representacións teatrais, debates, programas de radio e realizacións cinematográficas.
     Distribución de información específica ao profesorado sobre os beneficios dunha alimentación saudable e dun exercicio físico regular (a relación entre os bos hábitos e o mantemento da saúde, prevención incluída, aparece en numerosas publicacións das que se poden extraer “datos de impacto” que chamen a atención do profesorado como receptor en si  e que ó mesmo tempo o transformen no intermediario ideal para que as ditas informacións poidan chegar ó alumnado desde as súas respectivas materias: explicar de maneira técnica que é o refinado dun alimento; traballar con cantidades o tema dos nutrientes esenciais; saber de qué partes do mundo veñen moitos dos produtos que consumimos…).
     Oferta de froita ao profesorado para convertelo nun exemplo de consumo saudable diante dos seus alumnos (ver a varios profesores comendo unha mazá no recreo -coidando a súa saúde, xa que logo-, probablemente “incite” a unha parte do alumnado a facer o mesmo…).
     Implicación do profesorado nas actividades físicas nas que participan os seus alumnos (saídas, campionatos do centro, bailes para as celebracións…).
     Sesións de traballo vinculadas á promoción da saúde na Escola de Pais e Nais do IES de Melide.
     Conversión dos tradicionais “deberes” en boas prácticas que impliquen á familia (pedir na casa a elaboración dun prato que conteña os alimentos estudados na aula; acompañar a alguén da casa a facer a compra para  practicar a escolla de alimentos saudables estudada no centro; ver en familia determinados vídeos na internet recomendados para temas específicos, nomeadamente os relacionados coa nutrición, a actividade física e inteligencia emocional, etc.).
     Dotación de tarxetas plastificadas de léxico multilingüe a tódolos negocios e particulares que o soliciten, promovendo a cortesía e a imaxe de pobo saudable a tódolos que pasen pola comarca (peregrinos -estamos en pleno Camiño de Santiago- visitantes, xente de paso que para en Melide ou na contorna…). Os departamentos de Linguas do IES  elaboran conxuntamente as tarxetas, e mesmo poderían facer algunhas específicas, por exemplo nas froiterías, para que se puidese saber cómo se chaman determinados alimentos en distintas linguas (neste caso as denominacións incluiríanse no distintivo do prezo que está cara ó público).
     Obradoiros sobre a agricultura ecolóxica levados a cabo no invernadoiro do centro  e estudo das repercusións para a saúde do consumo dos produtos alimenticios comercializados na actualidade.
     Promoción, ben sexa a través da Administración local, ben da autonómica, dos produtos de calidade da comarca de Melide, acompañándoos de referencias nutricionais e dun breve receitario para que a súa elaboración permita aproveitar ó máximo as súas propiedades dietéticas (nestas últimas actuacións podería colaborar o centro, elaborando a ficha do alimento, recollendo receitas…).
     Difusión, no caso de empresas adicadas á agricultura ecolóxica da zona de Melide, dos procesos de cultivo para a promoción dos seus produtos: dípticos, radio local, cartelería, explicacións de viva voz en eventos relacionados coa alimentación (mesmo en feiras de mostras tan importantes como a Semana Verde), etc.
     Colaboración coas entidades locais na organización de eventos que impliquen algún hábito saudable (desde hai anos vénse celebrando o Corremelide, un bo exemplo deste propósito).
     “The important physical activity”: investigación sobre as diferentes actividades que podemos facer en zonas próximas ó lugar no que vivo. E facer quedadas con compañeiros e compañeiras para facera actividades deportiva in-situ, demostración gráficas … 
     Actividades de Educación vial e posta en marcha en colaboración co Concello de “itinerarios seguros” para vir ó instituto en bicicleta.
​…
Imagen
Imagen

“The importante of physical activity”: investigación dobre as diferentes actividades que podemos facer en zonas próximas ó lugar no que vivo. 

Imagen
PROGRAMA DE MELLORA DA CONVIVENCIA 
-HABILIDADES PARA A VIDA-

IGUALA-TE / CON-VIVE / INCLÚE-TE
NO IES de Melide somos especialmente sensibles aos temas relacionados co saber comportarse, por iso queremos abordar “as capacidades para adoptar un comportamento adaptativo e positivo que permita aos individuos abordar con eficacia as esixencias e desafíos da vida cotiá” (Educación en Habilidades de vida nas Escolas, OMS 1993).
Estas habilidades serven á súa vez para mellorar as capacidades dos alumnos de facer á elección de estilos de vida, por iso queremos ir máis aló e promocionar á vez o coidado da saúde entre a poboación escolar. Non esquezamos que a saúde é un termo multidimensional e fai referencia tanto ao benestar físico como ao mental e social. Mejora cognitiva (Active-Brains)

CONTINÚA
                               INTEGRACIÓN A TRAVÉS DO ACROSPORT
Imagen
#Zeroadiccións No marco do programa sobre prevencións de adiccións da área de Acción Social da Deputación da Coruña tivo lugar no IES Melide un conxunto de actividades formativas e informativas para informar e debater sobre as adiccións, a súa prevención e os riscos e perigos que ocasiona padecer algún tipo de adicción. 
Algún dos obxectivos a acadar foron: promover a educación en valores e a convivencia, promover a resolución de conflitos mediante a mediación e o desenvolvemento de habilidade socias, previr os consumos de toda índole dende idades temperás, previr as condutas de risco e aditivas de toda índole dende idades máis temperás, integrar os modelos de vida saudables nos momentos claves do ciclo vital en termos de consumo e adición.
Imagen
O alumnado de Formación Profesional do IES de Melide participou nun obradoiro que tiña como obxectivo formarse para saber reaccionar e dar unha resposta rápida a posibles incendios que poidan suceder no desempeño da súa profesión.
Tras unha charla introdutoria impartida por Bruno García, sarxento xefe do Parque Comarcal de Bombeiros de Arzúa, baseada en como se orixina e se apaga un incendio ofrecendo recomendacións para situación cotiás, e explicando o tipo de diferentes lumes co que se poden chegar a atopar, o alumnado supervisado por catro bombeiros do mesmo parque realizou no patio do centro unha práctica de extinción dun incendio.
Seguimento e evaluación
O noso plan de traballo, aquí esbozado, debe ser vivo froito da participación e do liderado compartido, inacabado e precisa dunha continua revisión e concreción, secuenciación e temporalización anual das actuacións a realizar que o adapte aos  aos intereses puntuais do contexto en función das demandas de toda a comunidade educativa.
Debe primar un carácter aberto e flexible que permita o emprego de todos os recursos didácticos posibles para detectar, controlar e reaxustar aqueles aspectos que fosen necesarios en relación cos obxectivos pretendidos e os resultados que se vaian acadando.
Utilizando metodoloxías activas e vivenciais procurase en cada curso unha maior participación nos programas e ofrecer formación para unha toma de decisións correctas . De mellorar as competencias do alumnado participante para adoptar un comportamento adaptativo e positivo que lles permitise abordar con eficacia as esixencias e desafíos da vida cotiá. 
O alumnado terá máis capacidade para facer á elección dun estilo de vida saudable baixo unha óptica multidimensional que fai referencia tanto ao benestar físico como ao mental e social; na procura dunha calidade de vida óptima.
A valoración obxectiva quedará “reflectida” en estudos sinxelos con datos estatísticos, na procura de comprobar o posibles cambios nas actitudes cara ós hábitos saudables da poboación educativa do IES de Melide, E COUSA DE SEGUIR SUMANDO, ENTRE TOD@S...

kayak - praia -sendeirismo

27 de maio - Corremelide

CADRO DE ACTIVIDADES - 10 CONSELLOS 
SuMa CoN XeiTo (Curso 2016/17)
UnHa iNViTaCióN a aLMoRZaR eN CoMPaÑía

SINOPSE: escenas de acción que invaden un espazo no que os protagonistas desvelan as propiedades dun almorzo saudable e dan respostas ó que debe ter  a miña cunca e o meu prato para render no día a día. Ó mesmo tempo fan “guiños” dos ingredientes dun estilo de vida saudable, na que o sedentarismo non pode estar presente.

Segue as notas pegadas cara a un almorzó saludable
SINOPSE: escenas que trazan o camino a seguir para gozar dun día memorable. 

Kayak 2014

Imagen
                 COÑECEMOS OS ALIMENTOS QUE MERCAMOS

Nesta primeira actividade o alumnado de 4º PDC aprendeu a interpretar a información básica dos envoltorios cos que se presentan envasados alimentos de consumo habitual. 

CONTINÚA
Imagen
ALLARIZ: UNHA EXCURSIÓN SAUDABLE

Obxectivo didáctico: converter unha actividade complementaria nun pracer saudable (poñendo en práctica hábitos Recomendables).

CONTINÚA
Imagen
Convive co deporte
Os pasados días 3 e 4 de maio fomos a Arzúa para "facer deporte" xunto co alumnado do IES de Arzúa e o CPI de Boimorto

Así vivimos a Carreira Solidaria 2014
Save The Children

Manifesto  da carreira no IES de MELIDE PDF

Por el@s e por nos…, 
IESAUDEMELIDE cos máis desfavorecidos

O día 20 de novembro, -Día Internacional dos dereitos do Nen@-, faremos no pátio a 3ª hora para o alumnado de 1º e 2º de ESO a IX CARREIRA QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE. O resto do alumnado pode participar nalgunha das clases de educación física da semana do 17 ao 21 de novembro.
Queremos aprobeitar este evento que promove a ONG Save The Children para facer unha carreira de SENTIMENTOS para sensibilizar e concienciar ao alumnado das inxustizas que hai no mundo, en concreto cos seus semellantes na zona do Sahel.
“Todos os nenos e nenas deberían asistir á escola, recibir coidados médicos, e acceder a unha alimentación adecuada para garantir o seu desenvolvemento en todos os aspectos: e é máis!, teñen o dereito a divertirse…”.  Así comeza o manifesto que se leerá o día da carreira…
Tamén pretende esta carreira recadar cartos para axudar a mellorar a vida de miles de nenos e nenas de MALÍ.

FORMATO DA CARREIRA PDF
PRESENTACIÓN DA VULNERABILIDADES DO SHAEL PDF

Imagen







​promoción de estilos de vida saudables

  • Comezamos
  • PODEMOS
  • FACEMOS