2019 (Plan Proxecta)
|
eNPRoXeCTo
Poñemos en acción distintas iniciativas de centro que baixo o nome de eNPRoXeCTo procuran un traballo curricular por proxectos transversais cara a undesenvolvemento das competencias clave baixo liderados compartidos co alumnado e coa utilización de metodoloxías colaborativas facilitadas por un uso creativo e interactivo das TIC. Entendemos no IES de Melide que o proceso de aprendizaxe competencial debe ser abordado desde todas as áreas de coñecemento, requirindo a estreita colaboración entre os docentes no desenvolvemento curricular e na transmisión de información sobre a aprendizaxe dos alumnos e alumnas, así como cambios nas prácticas de traballo e nos métodos de ensino. As actividades finalistas (eNCiNe, eNTeaTRo, eNQueDaDaS) convértense nun reclamo para aprender no día a día parte do currículo das materias. Gústame o alumnado que actúa con intelixencia emocional e que cunha gran autoestima e personalidade defende o seu estilo de vida saudableA Promoción da saúde diríxese á mellora as competencias en saúde das persoas, onde o coidado da contorna e da sociedade na que vivimos ocupa un papel relevante.
Un estilo de vida saludable e algo más que o “non fumar”, comer san, non beber alcohol e facer exercicio; tamén debemos concibir a maneira xeral de vivir as persoas e grupos sociais, onde se deben incluír formas de pensar, de comportarse, dándolle una gran importancia á educación emocional e social. Debemos inculcar no alumnado e en calquera persoa en xeral que a saúde é un recurso para a vida, non un obxectivo. A idea que subxace sempre é a de “formar ó discente nunha mellora das súas competencias en relación ás súas capacidades para adoptar un comportamento adaptativo e positivo que permita aos individuos abordar con eficacia as esixencias e desafíos da vida cotiá” (Educación en Habilidades de vida nas Escolas, OMS 1993). Xerar actitudes e comportamentos no alumnado esixe tempo, constancia e coherencia na mensaxe.
Debemos poñernos de acordo e traballar xuntos nos diferentes ámbitos a sabendas de que tempo corre na nosa contra: as condicións psicopedagóxicas do alumnado favorecen que o proceso sexa, dentro da dificultade, máis fácil que cos adultos. Debemos reflexionar sobre as pedagoxías que se están a levar a cabo nos centros escolares, e ser valentes en apostar por un traballo por proxectos coordinados. A saúde configúrase como un axente prioritario e con suficiente entidade para apostar por el. Só así poderemos afrontar as demandas que esta sociedade nos esixe. Necesidade dunha intervención integrada desde diferentes ámbitos Un plan para a promoción da saúde na escola precisa dunha intervención integrada desde diferentes ámbitos. Propoñemos algunhas medidas e intervencións para incrementar hábitos saudables en relación ó alumnado, ás familias, ó claustro de profesores, no ámbito da política local e da empresa… Importancia da concreción de obxectivos nos diferentes documentos de centro Cremos necesario un tratamento integrado que recolla a participación de toda a comunidade educativa dun centro para que as intervencións de educación para a saúde sexan efectivas e así mesmo constatamos a necesidade de concretar os obxectivos relacionados coas intervencións para a saúde nos documentos do centro: programación anual, proxecto educativo de centro, programacións didácticas, proxecto de acción titorial, plan de convivencia, proxecto de actividades complementarias e extraescolares. Aposta polos proxectos transversais Queremos reflexionar sobre as pedagoxías que se están a levar a cabo no noso centro, e ser valentes en apostar por un traballo por proxectos coordinados. A saúde configúrase como un axente prioritario e con suficiente entidade para apostar por el. Só así poderemos enfrontar as demandas que esta sociedade nos esixe. Entendemos no IES de Melide que o proceso de aprendizaxe competencial debe ser abordado desde todas as áreas de coñecemento, requirindo a estreita colaboración entre os docentes no desenvolvemento curricular e na transmisión de información sobre a aprendizaxe dos alumnos e alumnas, así como cambios nas prácticas de traballo e nos métodos de ensino. A figura dun grupo impulsor dos programas É de suma importancia a figura dun axente impulsor das accións en favor da promoción da saúde nun centro. Ó noso entender debería estar formado por un representante do equipo directivo, un representante do departamento de orientación, un representante do equipo de biblioteca, un profesor de educación física, un profesor das materias vinculadas ás linguas, un profesor das materias vinculadas ás ciencias, un representante do alumnado, un representante da ANPA e un representante do persoal non docente. O subgrupo conformado polo profesorado debería contar con tempos de coordinación facilitados por coincidencias no seu horario persoal, posto que tería o importante labor de asesorar e proporcionar documentos e actividades para facilitarlles o labor ó resto do profesorado e que este fose capaz de levala a práctica. 2017 (Plan Proxecta)
|